InicioM.ambiente e PatrimonioA ría de Ribadeo segue pechada no cuarto día desde a vertedura...

A ría de Ribadeo segue pechada no cuarto día desde a vertedura de xurro

Á espera de resultados que clarifiquen o impacto do vertido, as tarefas céntranse na retirada e contención dos residuos sólidos no entorno da balsa e na confluencia entre o Ouria e o Eo

Publicada o

- Advertisement -

No cuarto día trala vertedura de xurro que mantén pechada a Ría de Ribadeo para actividades extractivas e recreativas, os traballos centráronse na retirada e contención dos residuos sólidos no entorno da gandeiría de Guiar e nos treitos afectados do Ouria e do Eo.

O concello vegadense está a colaborar co gandeiro na limpeza da ladeira pola que o xurro escorreu ao afluente do Eo, uns 300 metros de terreo cun importante desnivel. O vertido atravesou un camiño deixando restos que se recollen “para evitar que vaian ao cauce en caso de choiva”.

O concelleiro de Medio Ambiente da Veiga, Daniel Lasheras, detallou que no treito afectado, uns 25 metros, se acumulou unha placa de xurro que, nalgúns puntos, chegou aos 15 centímetros de grosor. “A parte do vertido que quedou no monte, entre a maleza e os eucaliptos, podería ser xestionada polos propios terreos”, detallou o edil.

Doutro lado, mantéñense as barreiras anticontaminación na confluencia do Ouria e do Eo, mallas que están retendo de parte dos “flotantes e sólidos en suspensión”.

SEN RESULTADOS DAS MOSTRAS

A valoración do impacto da vertedura no río darana os resultados das análises realizadas desde o luns pola Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

O organismo hidráulico retrasa a previsión anunciada nun primeiro momento e pospón “ao venres” os resultados das mostras. Segundo explican, “o importante é ver a evolución dos resultados”.

Os técnicos estableceron cinco puntos de toma de mostras: dous no río Ouria, augas arriba e augas abaixo do punto de incorporación do vertido, e tres no río Eo, augas arriba e augas abaixo da incorporación do afluente e no límite co dominio público marítimo-terrestre.

INVESTIGACIÓN EN MARCHA

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) continúa coa investigación que determinará se do acontecido se derivan responsabilidades penais e traslada o caso á Fiscalía de Medio Ambiente ou se, pola contra, se salda cunha sanción administrativa.

O informe do servizo da Garda Civil cifra en 580.000 litros os residuos que saíron da balsa na noite do sábado ao domingo, ata preto das 8.00 horas da mañá, cando o gandeiro conseguiu deter o vertido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...